Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00638-O-2015).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00638-O-2015 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

É informada que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción foi aboada dentro do período de pagamento voluntario pola totalidade do seu importe, tendo en conta que o pagamento foi efectuado dentro do prazo dos 30 días seguintes ao da notificación do expediente sancionador e que a mercantil imputada solicita a devolución do 30 % do seu importe, poñendo de manifesto a súa vontade de acollerse ao disposto no artigo 146.3 da LOTT; a sanción imposta xa foi aboada e procede a devolución de 255 euros (30 % do importe total).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Importe para devolver

LU-00638-O-2015

8226-ZQ

Garda Civil 2704 I64330I

Maderas Iber Suárez, S.L.

B27411016

R/ Monte Faro, 45, 4J

27003 Lugo (Lugo)

O exceso igual ou superior ao 10 por cento e inferior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 12 %.

16.3.2015; 20.30; NVI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

850 euros

255 euros