Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de modificación do convenio entre este concello e Xestur Lugo, S.A., do 2 de xuño de 1992, para a creación dun parque empresarial en Goios.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que tivo lugar o 16 de xullo de 2015, impúlsase o expediente da modificación do convenio entre o Concello da Pontenova e Xestur Lugo, S.A., do 2 de xuño de 1992, para a creación dun parque empresarial en Goios, tras a incorporación ao inventario municipal da cesión de vías e outros realizada por Xestión do Solo de Galicia, S.A. (Xestur, S.A.), mediante escritura notarial, protocolo número 475 do 12.3.2015 ante o notario de Lugo José Antonio Caneda Goyanes.

De conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), o texto do novo convenio sométese a información pública, que pode ser consultado nas oficinas municipais de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, tras a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso y La Voz de Galicia de Lugo, e no taboleiro de anuncios municipal por un período de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da última das publicacións.

Realizado o trámite anterior, poderanse presentar alegacións no mesmo período hábil, as cales xunto, coa proposta da Alcaldía, serán elevadas ao Pleno do Concello e, consecuentemente, o texto do convenio aprobarase, de ser o caso, por acordo do Pleno tras os informes preceptivos.

O convenio modificado queda condicionado á súa aprobación e perfeccionamento de conformidade co establecido no artigo 233 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e ata ese momento será plenamente eficaz o convenio subscrito con Xestur Lugo, S.A. o día 2 de xuño de 1992.

A Pontenova, 20 de agosto de 2015

Darío Campos Conde
Alcalde