Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente da modificacion puntual 14-01 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, en sesión do 9 de xullo de 2015, acordou aprobar inicialmente o expediente da modificación puntual 14-01 do PXOM do Barco de Valdeorras (muro da Cerámica).

O dito expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período quedará o expediente de manifesto no Departamento de Urbanismo deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Neste prazo os interesados poderán formular as alegacións que consideren.

Así mesmo, o Pleno do Concello, na sesión do 9 de xullo de 2015, acordou suspender o outorgamento de licenzas urbanísticas nas parcelas catastrais cuxas referencias catastrais son 6487623PG6968N e 6487622PG6968N. A suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Expediente:

* Modificación puntual 14-01 do PXOM (muro da Cerámica).

O Barco de Valdeorras, 17 de agosto de 2015

Alfredo García Rodríguez
Alcalde