Por Resolución do conselleiro maior do día 1 de setembro de 2015, ratificada polo acordo do Pleno en sesión que tivo lugar o día 2 deste mes, a causa da nova redacción dada pola Lei 8/2015, do 7 de agosto (DOG núm. 164, do 28 de agosto) ao artigo 11 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, acordouse aceptar a dimisión presentada con data do 28 de agosto de 2015 por Juan Manuel Rodríguez Rodríguez como secretario xeral do Consello de Contas, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015
P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior