Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se comunica a apertura do trámite de audiencia aos interesados na tramitación do proxecto de Decreto polo que se regula o uso e o acceso á historia social única electrónica.

En virtude da tramitación do proxecto de Decreto polo que se regula o uso e o acceso á historia social única electrónica, comunícase a apertura da audiencia e información pública, durante quince días (15) hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, co obxecto de que calquera persoa interesada poida examinar o texto do citado proxecto e formular as observacións e presentar as propostas que coide oportunas.

O exame do texto e a presentación das observacións e propostas realizarase a través da páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:

http://www.xunta.es/traballo-e-benestar/transparencia

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar