Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2015/53-2, 8247 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMTS e CT rúa Buen Jesús.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV consistente en anelar o CT proxectado na LMT CHA814 entre os CT Áridos Carnero e mercado gandeiro, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

2. Centro de transformación compacto de manobra exterior, cunha potencia proxectada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 25 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo