Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do acordo marco para a subministración de artigos de material de oficina.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Michelena núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: entrega sucesiva dunha pluralidade de artigos de material de oficina.

3. Procedemento e forma: aberto. Criterios de adxudicación segundo o anexo II ao PCAP.

4. Valor estimado: 219.182,28 €, IVE excluído (inclúe o das posibles prórrogas).

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 10.959,11 €.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Michelena 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal .

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 23 de xullo de 2015

P.D. (Acordo do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Contratación e Facenda