Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de xullo de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por cambio de uso da concesión administrativa para a construción de planta de pescado para desenvolver o uso de nave para exportación de pescado fresco, no dominio público portuario de Ribeira, solicitada por Frigoríficos de Ribeira, S.A. (expediente 12-48-04-C-2).

Frigoríficos de Ribeira, S.A. solicita unha modificación substancial por cambio de uso da concesión administrativa para a construción de planta de pescado para desenvolver o uso de nave para exportación de pescado fresco no dominio público portuario de Ribeira, de acordo coa memoria de actividades que presenta.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web: www.portosdegalicia.com .

A Coruña, 1 de xullo de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia