Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/047 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial está na rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días, que comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 18 de agosto de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/s

Acto notificado

LU-RES 2015/047

Vasile Zanfir e Rafael

Sánchez Rodríguez

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/080

Aurel Ionut Porumbaru e

Cornel Porumbaru

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/114

Antonio Varela Vázquez

Acordo de inicio de procedemento sancionador