Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha instalación de despezamento de vehículos en Rubiáns, no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido pola empresa Desguaces Salnés, S.L. (clave 2015/0008).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de xuño de 2015 relativo ao proxecto dunha instalación de despezamento de vehículos en Rubiáns, no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido pola empresa Desguaces Salnés, S.L. (clave 2015/0008).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental