Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Pousada (Baleira).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, notifícaselles ás persoas interesadas da relación adxunta a resolución recaída no expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Pousada (Baleira-Lugo), por seren devoltos polo servizo de Correos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio enviarase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Expediente: resolución.

Acto notificado:

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 11 de novembro de 2014, pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Pousada (Baleira-Lugo).

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data de publicación deste notificación, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra esta, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar na forma prevista regulamentariamente.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Lugo, sito no Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, 1º, baixo, Lugo.

Modificación acordada:

Facer constar no Plan de aproveitamento de cultivos, os predios nº 207, 208, 254, 255, 256, 297, 298, 300, 301, 302, 303, 304, da 342 á 364 –ambos os dous incluídos–, 390, 392, 393, 394 e da 403 á 426 –ambos os dous incluídos– como SAU1. Ao mesmo tempo, e segundo o plano, os predios nº 201, 202, 203, 205, 206, 232, 240, 299 e 305 pasan a constar parcialmente como SAU1.

Desestimar a solicitude de permuta presentada en relación co predio nº 292 por non estar vacante ao ser atribuída a outro propietario na resolución dun recurso de alzada.

Lugo, 12 de agosto de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de propietario Apelidos e nome

3 Álvarez Díaz, Manuel

3 Álvarez Díaz, Antonio

25 Casado Nieto, Mª del Consuelo

37 Correa Castedo, Jesús

39 Correra Seijas, Pilar

158 Villamil González, José

137 Pin Villar, José Luis