Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes RP/15/00149 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a iniciación do expediente de responsabilidade patrimonial da Administración e foi acordado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez (10) días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 31 de xullo de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: RP/15/00149.

Interesada: Társila López Díaz.

Acto notificado: iniciación do expediente de responsabilidade patrimonial da Administración.

Expediente: RP/15/00150.

Interesado: Luciano Novo Rodríguez.

Acto notificado: iniciación do expediente de responsabilidade patrimonial da Administración.