Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de agosto de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica a Lucía Gil Iglesias o arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade.

Con data do 6.7.2015, o director xeral da Función Pública procedeu ao arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade presentada por Lucía Gil Iglesias.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación do citado arquivamento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado», tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle a Lucía Gil Iglesias o arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva comunicación mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o referido prazo sen tela recollido, terase por cumprido o trámite.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública