Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 105/2015).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de xullo de 2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar os volumes, completar ou reaxustar as rasantes e concretar as condicións da composición da edificación na parcela E-2 da rúa Madeira do parque empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade Gallega de Mallas, S.L.

Así mesmo, faise constar que o 30 de xullo de 2015 se remitiu á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, unha copia autenticada de dous exemplares do documento debidamente dilixenciado pola secretaria accidental do concello.

Carballo, 30 de xullo de 2015

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde