Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO polo que se comunica a anulación do acordo de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 79/2014 G-OTM).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2015, acordou atender o requirimento de anulación formulado pola Secretaría Xeral de Ordenación Territorial e Urbanismo da Xunta de Galicia, en escrito do 15 de outubro de 2014 e reiterado noutro do 18 de novembro de 2014, e anular o Acordo plenario do 8 de setembro de 2014 polo que se aprobou definitivamente o estudo de detalle promovido pola entidade Lidl Supermercados, S.A.U., na avenida de Bértoa do concello de Carballo.

Carballo, 31 de xullo de 2015

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde