Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de ampliación de aproveitamento de recursos da sección A), Castro número 143, no concello de Vilar de Santos, promovido por Graveras Castro, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de aproveitamento de recursos de sección A) que a continuación se describe:

Solicitante: Graveras Castro, S.L.

Domicilio social: estrada de Celanova, 49, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Número: 143.

Nome: Castro.

Data da solicitude: 23 de abril de 2014.

Superficie: 190.090 m2.

Recursos: areas e gravas.

Concello: Vilar de Santos (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude (w)

Latitude (N)

1

7º 47’ 13,96‘’

42º 4’ 18,26’’

2

7º 47’ 12,68’’

42º 4’ 14,62’’

3

7º 47’ 21,64’’

42º 4’ 12,80’’

4

7º 47’ 22,01’’

42º 4’ 13,71’’

5

7º 47’ 18,69’’

42º 4’ 14,39’’

6

7º 47’ 19,77’’

42º 4’ 17,09’’

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, e no Concello de Vilar de Santos, e formular as súas alegacións ante este órgano administrativo, con enderezo na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense, ou presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública continuarase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía e Industria de acordo co establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Ourense, 20 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas