Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión directa de explotación Richinol 7139.

Por Resolución do 11 de novembro de 2011 pola que se aproba a admisión a trámite das solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Canteras de Richinol, S.L. da concesión directa de explotación Richinol, de 5 cuadrículas mineiras, para a explotación de recursos mineiros da sección C), no termo municipal de Melide, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7139 do Rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo vén definida polas seguintes coordenadas:

ED50

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 00’ 20’’ W

42º 53’ 20’’ N

2

8º 01’ 20’’ W

42º 53’ 20’’ N

3

8º 01’ 20’’ W

42º 54’ 00’’ N

4

8º 00’ 40’’ W

42º 54’ 00’’ N

5

8º 00’ 40’’ W

42º 53’ 40’’ N

6

8º 00’ 20’’ W

42º 53’ 40’’ N

ETRS89

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 00’ 25.40588’’ W

42º 53’ 15.86778’’ N

2

8º 01’ 25.40802’’ W

42º 53’ 15.86663’’ N

3

8º 01’ 25.40921’’ W

42º 53’ 55.86835’’ N

4

8º 00’ 45.40781’’ W

42º 53’ 55.86914’’ N

5

8º 00’ 45.4072’’ W

42º 53’ 35.86826’’ N

6

8º 00’ 25.4065’’ W

42º 53’ 35.86866’’ N

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta concesión directa de explotación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, na rúa Vicente Ferrer nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 13 de xullo de 2015.

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña