Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0063 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de agosto de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-003.

Interesado: Nelu Salín.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0153.

Interesada: Adriana Tarrío García.

Acto notificado: resolución expediente sancionado.

Expediente:CO-RES-2014-0165.

Interesado: Santiago Barreiro Freitas.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0183.

Interesado: Stefan Gabriel Plesca.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0195.

Interesado: Motos Adán (Manuel Pérez Adán).

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0147.

Interesados: Herdeiros de Mª Josefa Coto Pérez.

Acto notificado: acordo de inicio expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0151.

Interesado: Carlos José Toro Montero.

Acto notificado: acordo de inicio expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0152.

Interesado: José Ramón Varela Bello.

Acto notificado: acordo de inicio expediente sancionador.