Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Silvia María Núñez Abal, con DNI 34892284-L, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible efectuala.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta dirección xeral, situada na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e presentar os documentos e xustificantes que considere oportunos.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza