Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e dun programa de asesoramento en comunicación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.988.361).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.361.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e dun programa de asesoramento en comunicación para Augas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79341400-0 e 79341200-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S45, do 5 de marzo de 2015; Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 6 de marzo e Boletín Oficial del Estado núm. 60, do 11 de marzo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 661.157,02 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 330.578,51 euros. Importe total: 400.000 euros. Esta actuación cofinanciaraa a Unión Europea, durante o seu prazo de execución, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga potable. Actuación: 3.45.6: medidas cuxo obxectivo sexa concienciar os cidadáns de que a auga é un recurso valioso e escaso e da necesidade do seu uso responsable. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 28 de xullo de 2015.

c) Contratista: Quattro Industria Destiladora de Creatividad Publicitaria, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 321.568,51 euros. Importe total: 389.097,90 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia