Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento de obras hidráulicas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor de obra cun único criterio de adxudicación (prezo).

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: a proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo.

2. Obxecto do contrato.

a) Título: mellora do abastecemento en Mariz. Portomarín (Lugo).

Clave do expediente: M.15001.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.979,97 euros. Importe total: 60.475,76 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da adxudicación: 22 de maio de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 39.484,18 euros. Importe total: 47.775,86 euros.

Contratista: Manuel Novoa Castro, S.L.U.

b) Título: abastecemento de auga ás parroquias de Anllo, Rosende e Vila Escura. Sober (Lugo).

Clave do expediente: M.15005.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.233,72 euros. Importe total: 59.572,80 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 15 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 49.174,64 euros. Importe total: 59.501,31 euros.

Contratista: Obras y Saneamientos Galicia, S.L.

c) Título: abastecemento de auga ao Vao, Igrexa, Cas de Moure e Ambasmestas. Consorcio dos Peares. Carballedo (Lugo).

Clave do expediente: M.15008.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.494,12 euros. Importe total: 59.887,89 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 26 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 49.395,77 euros. Importe total: 59.768,88 euros.

Contratista: Teswater Global, S.L.

d) Título: renovación da rede de abastecemento na estrada de Laza en Verín (Ourense).

Clave do expediente: M.15009.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232151-5.

Orzamento base de licitación: importe neto: 48.993,56 euros. Importe total: 59.282,21 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 27 de maio de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 46.984,82 euros. Importe total: 56.851,63 euros.

Contratista: Espina y Delfín, S.L.

e) Título: actuacións de mellora no abastecemento e saneamento de Oímbra. Rúa do Tanque. Oímbra (Ourense).

Clave do expediente: M.15010.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231100-6.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.147,00 euros. Importe total: 59.467,87 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 5 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 48.766,83 euros. Importe total: 59.007,86 euros.

Contratista: Actividades, Construcciones y Voladuras, S.L.

f) Título: actuacións de saneamento en Sobrepontes e Entrepontes. Val do Dubra (A Coruña).

Clave do expediente: M.15013.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 47.024,86 euros. Importe total: 56.900,08 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Data da adxudicación: 15 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 46.178,41 euros. Importe total: 55.875,88 euros.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

g) Título: protección da estación depuradora de augas residuais de Requeixo fronte a inundacións. Lourenzá (Lugo).

Clave do expediente: M.15014.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 45.366,64 euros. Importe total: 54.893,63 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 22 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 44.953,42 euros. Importe total: 54.393,64 euros.

Contratista: Gestión Gratelu, S.L.

h) Título: saneamento da zona norte do porto de Malpica de Bergantiños. Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Clave do expediente: M.15015.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 48.046,72 euros. Importe total: 58.136,53 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Data da adxudicación: 22 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 47.990 euros. Importe total: 58.067,90 euros.

Contratista: S.A. de Obras y Servicios (Copasa).

i) Título: colectores de saneamento nos barrios do Mesón e do Torrón. Consorcio dos Peares. Nogueira de Ramuín e Pantón (Ourense-Lugo).

Clave do expediente: M.15017.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 40.330,98 euros. Importe total: 48.800,49 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 15 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 40.100 euros. Importe total: 48.521,00 euros.

Contratista: Servitec Medio Ambiente, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, as obras indicadas coas letras da a) á d) encádranse no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga (auga potable). Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control; as indicadas coas letras da e) á h) encádranse no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios; e a indicada coa letra i) encádranse no tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos. Actuación 3.53.4: accións enfocadas a diminuír os riscos derivados de episodios extremos como son as inundacións e secas.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia