Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 13 de agosto de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifican ás persoas interesadas os requirimentos de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axudas ao alugamento do Plan estatal 2013-2016.

Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 13 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 20.7.2015)
Manuel Álvarez Iglesias
Xefe de Sección de Inspección e Sancións

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

201532ALUG00378B

Gheorgita Ilie Ciulacu

X7769723R

Avda. de Bos Aires, nº 183, 3º B

32004

Ourense

201532ALUG00780E

Mayra Santiago Ramírez

49705461T

Praza das Damas, nº 2, 1º

32005

Ourense

201532ALUG01307C

Antonio Francisco Salinas Monje

36168868B

R/ Bernardo González Cachamuíña, nº16, 5º D

32004

Ourense