Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 12 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican acordos de procedencia de reintegro de varias axudas do Programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo).

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, unha vez intentada a notificación sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), para teren coñecemento do contido daquela, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, advertíndolles que, de non se facer así, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 12 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/264-1.

Nome ou razón social: Sílex Casas de Madera, S.L.

Último enderezo coñecido: lugar O Barral, 1º C, Cos, 15318 Abegondo, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2011/535-1.

Nome ou razón social: Jesús Manuel Neiro Noya.

Último enderezo coñecido: rúa Río Tambre, 11, 4º B, 15100 Carballo, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2011/1072-1.

Nome ou razón social: Global Rehabilitaciones, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Alegre, 38-40, 1º B, 15401 Ferrol, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2011/1237-1.

Nome ou razón social: Dapena y Albor Consulting, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida de Lugo, 203, entresollado, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos e non cumprir coas obrigas a que fai referencia o artigo 11 da orde de convocatoria e o artigo 33.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 121, do 25 de xuño).

Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1 do anexo B da orde de convocatoria e artigos 11 da orde de convocatoria e 33.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2011/1356-1.

Nome ou razón social: Infiesta Souto Lamas, C.B.

Último enderezo coñecido: rúa Paio Gómez, 10, 3º esquerda (Lerchundi Asociados), 15005 A Coruña.