Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 11 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia dun expediente tramitado por esta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a seguir, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55 e 61 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

O expediente, relacionado a seguir atópase á disposición da interesada no Servizo de Familia e Menores da citada Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, 70, planta baixa.

Nº de expediente: 2010/50-2.

Interesada: Ismelda Machado Salazar (NIE: X3773328V).

Enderezo actual: rúa Montirón, 30, 1º, Lugo.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 11 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 39.2.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa