Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación sen que se puidese practicar, mediante esta cédula notifícaselle o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).
A notificación farase ao mesmo tempo e preceptivamente por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Dispón dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderá exercer o dereito de audiencia mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º (Centro Comercial de Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.
Realizado o trámite de audiencia, o suxeito responsable poderá formular novas alegacións polo prazo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
A Coruña, 14 de agosto de 2015
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RL 2015/275-1.
Acta inf.: I152015000039912.
Empresa: Abeiradaria, S.L.
NIF: B70403001.
Enderezo: rúa Beiramar, 14, club social, Perillo, 15172 Oleiros.
Materia: seguridade e hixiene.
Normativa infrinxida: artigo 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; artigos 14, 16, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 1 a 10, ambos inclusive, do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.
Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Proposta de sanción: 2.046 €.
Documentos que constan no expediente:
– Acta de infracción.
– Xustificantes das notificacións.
– Alegacións da empresa.
– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.