Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015207AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de agosto de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015207AL-CO incoado a María Novo Cao.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a María Novo Cao o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do dito Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 12 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº expediente: 2015207AL-CO.

Interesada: María Novo Cao (Mesón A Curuxa).

DNI/NIF/CIF: 54129873V.

Último enderezo coñecido: A Lapela, 12, O Fontelo, 15316 Coirós.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Regulamento (CE) 852/2004 do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007): considerando 20 e anexo II: capítulo I: 1 e 4, capítulo II: 1.a), d) e 3. Capítulo VI: 2 e 4. Capítulo VII. Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG núm. 205, do 26 de outubro): artigo 2 e artigo 4. Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 3: 1.2.3 e 5, artigo 10 e artigo 12. Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 50.1.a), b), d), e), artigo 51.1, parágrafos 1-3-4-8-10-11.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.