Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 4 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 17 de xuño de 2015 de revogación da autorización de instalación de sala de bingo e cancelación da súa inscrición no Rexistro do Xogo do Bingo.

O día 17 de xuño de 2015, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica de notificación á persoa interesada non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada, perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Interesada: Juegos Balora, S.A.

DNI/NIF: A36029619.

Último enderezo coñecido: rúa César Boente, 6-1º, 36002 Pontevedra.

Data da resolución: 17 de xuño de 2015.

Asunto: resolución de revogación de autorización de instalación de sala de bingo e cancelación da súa inscrición no Rexistro do Xogo do Bingo.