Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2015/211-1).

Número de expediente: IN407A 2015/211-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT, RBT Drozo.

Concello: Cambre.

Características técnicas:

Desmontaxe tramo liña eléctrica de media tensión aérea SMC-701, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,233 km, con orixe en apoio nº 41/14 existente que se vai retirar da LMT SMC-701, no tramo entre o CT A Castellana (expediente 450/2003) e o CT Drozo (expediente 26711), condutor tipo LAC-28 mm2 (para retirar) e final CT Drozo (expediente 26711) para retirar.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,530 km, con orixe en cela de liña existente no CT Freande (expediente 74/1997), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no novo CT Drozo (proxectado).

Centro de transformación prefabricado Drozo, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2015/211-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT, RBT Drozo.

Concello: Cambre.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afeccións

Solo para o centro de transformación subterráneo e 2 apoios baixa tensión (m2)

Servidume de paso subterráneo e de acceso ao CT (ml)

Servidume de paso subterráneo e de acceso ao CT (m2)

1

Drozo

Vía acceso

Manuel Carlos Durán Palleiro e tres máis

15

23,37

70,11