Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de agosto de 2015 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de Lingua e Literatura Galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Pola Orde do 26 de xuño de 2015, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, anúnciase a convocatoria dun concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de Lingua e Literatura Galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 6 de xullo.

En aplicación do establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública a resolución definitiva do concurso público antes citado e adxudicarlle a praza a Begoña González Rey, profesora de ensino secundario de Lingua e Literatura Galegas.

Segundo. A funcionaria seleccionada quedará adscrita ao posto adxudicado a partir do 1 de setembro de 2015 en réxime de comisión de servizos para o curso académico 2015/16, o seu nomeamento poderá ser renovado, ano por ano académico e ata un máximo de cinco, sempre que conte cos informes favorables da consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia e do ministerio competente en materia de educación por parte da Administración xeral do Estado.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria