Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 35001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0063/2015-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícalles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-LU-0063/2015-PPM e oito máis.

É tamén de aplicación o artigo 59.5 da devandita lei, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que indica que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avda. Ramón Canosa, s/n, en Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Lugo, 11 de agosto de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0063/2015-PPM.

Persoa interesada: Roberto Fernández Orjales.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Estación, Santa Cecilia, 8, 1º, Narón.

Expediente: PSC-LU-0065/2015-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos París Dosil.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Colón, 4, baixo A, Ferrol.

Expediente: PSC-LU-0067/2015-PPM.

Persoa interesada: Raúl Canoura Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Camiño Real, 20, 4º C, Xove.

Expediente: PSC-LU-0088/2015-COP.

Persoa interesada: Lonjamar Empresarial, S.L.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Iglesia, 27, Viveiro.

Expediente: PSC-LU-0090/2015-PPM.

Persoa interesada: Carlos José López López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 13, 5º E, Burela.

Expediente: PSC-LU-0105/2015-COP.

Persoa interesada: Ana María Ares García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Cainzal, 15. Foz.

Expediente: PSC-LU-0112/2015-PPM.

Persoa interesada: Roberto Fernández Orjales.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Estación, Santa Cecilia, 8, 1º, Narón.

Expediente: PSC-LU-0114/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Antonio París Dosil.

Acto de notificación: Inicio.

Último enderezo coñecido: r/ da Paz, 10, 4º, Narón.

Expediente: PSC-LU-0124/2015-PPM.

Persoa interesada: Marino Juan Guzmán Encina.

Acto de notificación: Inicio.

Último enderezo coñecido: avenida de Chile, 32, 1º A, A Coruña.