Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación da subministración sucesiva de productos lácteos (expediente MS-ASF1-15-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia. s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais de 9.00 a 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-15-010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de produtos lácteos.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades):

• Lote 1: leite enteiro.

• Lote 2: leite desnatado.

• Lote 3: sobremesas lácteas.

d) Lugar de execución/entrega: ver os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 15511000-3; 15500000-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Calidade técnica: ata 45 puntos.

– Oferta económica: ata 50 puntos.

– Capacidade de resposta ante imprevistos: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 336.808,03 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 140.336,68 €.

b) IVE: 10.021,17 €.

c) Importe total: 150.357,85 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos del contratista.

a) Clasificación se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 28.9.2015.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 6.8.2015.

12. Outras informacións:

Ferrol, 6 de agosto de 2015

P.D. (Orde do 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol