Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dos servizos de xestión de incidencias, xestión de problemas, xestión da entrega e xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información e análise funcional e desenvolvemento correctivo e evolutivo dos sistemas de información hospitalarios de Galicia (expediente AB-SER1-15-042).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.9.2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-042.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de incidencias, xestión de problemas, xestión da entrega e xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información e análise funcional e desenvolvemento correctivo e evolutivo dos sistemas de información hospitalarios de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/3.

d) Prazo de execución/entrega: 1 ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72500000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Lotes 1 e 2:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

– Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación de recursos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

– Oferta económica

– Parámetros de servizo de soporte

– Melloras

40

40

60

40

10

10

Lote 3:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

– Plan de evolución do sistema

– Metodoloxía de traballo

– Definición do plan de participación de recursos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

– Oferta económica

– Parámetros de servizo de soporte e mantemento corretivo

50

20

16

14

50

40

10

4. Valor estimado do contrato:

Lote 1: 1.048.420 €.

Lote 2: 772.520 €.

Lote 3: 2.080.179,20 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto:

Lote 1: 524.210 €.

Lote 2: 386.260 €.

Lote 3: 945.536 €.

b) Importe total:

Lote 1: 634.294,10 €.

Lote 2: 467.374,60 €.

Lote 3: 1.144.098,56 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría):

Lote

Grupo

Subgrupo

Categoría

1

V

2

C

2

V

2

C

3

V

2

D

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver alíneas f) e g) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.9.2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións do prego modelo de cláusulas administrativas, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contado desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, aproximadamente 2.500 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6.8.2015.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Lourdes Vilachán Angueria
Directora xeral de Recursos Económicos