Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de desinstalación, traslado, instalación e posta en marcha no novo edificio do CACTI de nove equipamentos científicos de resonancia magnética nuclear, difracción e fluorescencia de raios X, espectrometría de masas FT, ESI-TOF e MALDI-TOF (expediente 327/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 327/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desinstalación, traslado, instalación e posta en marcha no novo edificio do CACTI de nove equipamentos científicos de resonancia magnética nuclear, difracción e fluorescencia de raios X, espectrometría de masas FT, ESI-TOF e MALDI-TOF.

c) Lugar de execución/entrega: Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: noventa (90) días naturais.

e. Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 51530000-6: servizos de instalación de máquinas ferramentas.

g) CPA: 74.90.20: outros servizos profesionais, técnicos e empresariais n.c.o.p.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Calidade da memoria descritiva das actividades e metodoloxía de traballo (xuízo de valor): 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 204.500 €.

5. Importe de licitación: 204.500 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica-profesional/habilitación profesional: a que se indica, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no apartado 13 da folla resumen de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B (tamén se debe incluír copia idéntica da memoria en soporte dixital no formato PDF), e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2 andar. Praza de Erasmo, s/n Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 1.300 €.

11. Outra información: acción cofinanciada nun 80 % por fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas equipamento. Número de proxecto UNV113-1E-2749. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2015

Vigo, 14 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 5.8.2015)
Rodrigo Cerviño Rodríguez
Vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais