Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 29 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non presentar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, por tanto, emitirase factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que presentar deberán pórse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 982 41 77 67.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan, cos datos persoais e co último domicilio coñecido que no anexo se menciona, a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 29 de xullo de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Anexo

Nome do doente

DNI/NIF

Gómez González José Antonio

034240599Q

Gutiérrez Palacios Susana

076583133X

Andreea Constanta Gavrila

Veiga Goncalves Luis