Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: reordenación LMTS CBD813 no polígono de Ribadumia.
Situación: Ribadumia.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 244 metros de lonxitude, con orixe na arqueta que se vai realizar na calzada, entroncando coa LMTS CBD813, e final na cela de liña existente no centro de seccionamento polígono Cabanelas II. A instalación está situada no polígono industrial de Ribadumia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 29 de xullo de 2015
P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial