Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2015/139-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: M. C. Mesía.

Domicilio social: rúa Campo, 2, 15685 Mesía, Ordes.

Denominación: CS, CM e CT de 1.250 kVA nave fabricación produtos carpintaría.

Situación: parque empresarial Ordes, parcelas 86-87-88.

Características técnicas: centro de secionamento composto por cela RM6 3L de Schneider Eléctric con tres funcións de liña con interrutor e telemando.

Centro de transformación composto por unidade modelo GIM de Schneider Electric de paso de barras, cela de interrutor para entrada de liña SM6 de Merlin Gerin, cela de proteción, cela de medida Schneider Eléctric gama SM6 e transformador de 1.250 kVA de potencia nominal, 15.000/420V, grupo de conexión Dyn11, refrixeración natural.

Conexión entre cela de secionamento de compañía con cela de entrada de liña de abonado por medio de liña de 3×(1×150) mm2 AL RHZ1-H16 12/20V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 3 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña