1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 36 35.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-15-045.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de licenzas de software de CAD de mamografía para a execución do subproxecto de innovación IS-9 sistemas de diagnóstico asistido por ordenador.
c) División por lotes: non.
d) Prazo de execución/entrega: o período máximo de entrega será de quince (15) días naturais.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 48180000-3.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
Compatibilidade con diferentes modalidades DR e CR |
0-30 |
Escalabilidade da solución proposta |
0-20 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Custo de ampliación de licenzas e mantemento posterior |
0-30 |
Oferta económica |
0-20 |
4. Valor estimado do contrato: 45.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 45.000 euros. Importe total: 54.450 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver a cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
a) Admisión de variantes, se procede: non.
b) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: _.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2015
P.S. (Acordo do 6.8.2015)
Manuel José López López
Subdirector xeral de Orzamentos