Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos estatutos das organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, reguladora do dereito de asociación sindical, faise público que nesta dirección xeral se recibiu certificación da Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas, celebrada o 30 de xuño de 2015, onde se reflicte o acordo de disolución da dita asociación, acadado segundo establece o artigo 63 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

P.D. (Disposición adicional primeira
do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación