Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015293AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 30 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2015293AL-PO, incoado a Jesús Manuel Dono Iglesias como titular do establecemento Mesón O Pescador.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jesús Manuel Dono Iglesias o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 29 de xullo de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015293AL-PO.

Denunciado: Jesús Manuel Dono Iglesias, con NIF 76867817T, como titular do establecemento Mesón O Pescador.

Último enderezo coñecido: Callobre, Ponteliñares, 36680 A Estrada.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 11, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).