1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.
4º. Fax: 981 54 56 63.
5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es
6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: PA 59/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: xestión de servizos públicos.
b) Descrición: xestión, en réxime de concerto, da reserva e ocupación de dez (10) prazas dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.
f) Admisión de prórroga: si, ata acadar un máximo de cinco (5) anos.
g) CPV (referencia nomenclatura): 85312100-0 Servizos de centro de día.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: véxase cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, prego de cláusulas administrativas particulares).
4. Valor estimado do contrato: setecentos noventa e nove mil douscentos trinta e un euros con sesenta e cinco céntimos (799.231,65 €).
5. Orzamento base de licitación:
a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de cento trinta e sete mil oitocentos corenta euros con vinte e cinco céntimos (137.840,25 €), ao cal se lle engaden sete mil oitocentos oitenta euros con vinte e cinco céntimos (7.880,25 €), que corresponden ao IVE, o que fai un total de cento corenta e cinco mil setecentos vinte euros con cincuenta céntimos (145.720,50 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.
Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.
Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.
10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23138
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015
P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar