Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do expediente de perda do dereito ao cobramento da subvención concedida mediante resolución da directora xeral de Emprego e Formación do 15 de outubro de 2014.
Faise saber que a presente resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Recórdaselles tamén o seu dereito a comparecer no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado e a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Federación Galega de Deportes para Xordos (Fegadex).
Enderezo: praza de Agustín Díaz, nº 3, Complexo Deportivo de Elviña 15008 A Coruña.
Nº expediente: TR352A 2014/76-0.
Data da resolución do expediente de perda do dereito ao cobramento: 18 de maio de 2015.
Preceptos incumpridos: artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Perda do dereito ao cobramento: 15.804 €.