Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 2/2015, relativo ao proxecto de implantación dun centro comercial con hipermercado Alcampo, situado no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido por Metalgráfica Gallega, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de de implantación dun centro comercial con hipermercado Alcampo, situado no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido por Metalgráfica Gallega, S.A.

Para estes efectos, para cumprir coa información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Metalgráfica Gallega, S.A. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de implantación dun centro comercial con hipermercado Alcampo, situado no concello de Vilagarcía de Arousa

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano de que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que xulguen oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio