Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Obras Tendidos y Caminos, S.A. (Oteca), con CIF A32004798, dada a situación de abandono en que se atopa a explotación mineira, o apercibimento para a presentación, nun prazo máximo de 10 días, ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, o proxecto de peche definitivo dos labores na explotación mineira Leixal núm. 292, sita no termo municipal de Esgos, na provincia de Ourense, coa advertencia de que, se así non o fixer, esta Administración adoptará o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas precisas e proceder ao peche da explotación mineira, co posterior reintegro dos gastos por ese titular, sen prexuízo da facultade de incoar o correspondente expediente sancionador e de impoñer as correspondentes multas coercitivas.
A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas