Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (242/2013).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 242/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Fonte Jaspe contra CIG Consultoría de Ingeniería y Gestión, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se acordou notificar a CIG Consultoría de Ingeniería y Gestión, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Resolución:

Primeiro. Que, estimando integramente a demanda promovida por María del Carmen Fonte Jaspe contra a empresa Consultoría de Ingeniería y Gestión, S.L., debo condenala e condénoa a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.505,13 €.

Segundo. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a estar e pasar pola condena imposta á aludida codemandada.

Terceiro. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra esta, poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, que será resolto, se é o caso, e cumprido o trámite legal, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a CIG Consultoría de Ingeniería y Gestión, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xullo de 2015

A secretaria xudicial