Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos do expediente 402/15 e catro máis.

En cumprimento do establecido no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, fanse públicas as seguintes adxudicacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 402/15.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.usc.es/contratacion .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: reforma da xeración térmica e substitución das tubaxes de distribución de fontanería do edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa.

c) Lote (se é o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45300000-0.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 18.5.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 669.307,07 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 669.307,07 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.7.2015.

c) Contratista: UTE: Foncafer S.L., Castaño Bascoy S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: 619.108,98 €, IVE non incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase o informe de valoración publicado no perfil do contratante.

Financiado polo proxecto europeo Life, con acrónimo Life-Opere e código LIFE12/ENV/ES/001173 é un proxecto demostrativo de eficiencia enerxética que utiliza como piloto o edificio de servizos múltiples Monte da Condesa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 403/15.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.usc.es/contratacion .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: proxecto e obra para un invernadoiro automatizado de alto rendemento.

c) Lote (se é o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45214000-0.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: non procede.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade, tras ser licitado por procedemento aberto (expediente 401/15) e declarado deserto.

4. Valor estimado do contrato: 113.140 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 113.140 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2015.

c) Contratista: Hortalizas Bacelo, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: 112.985 €, IVE non incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase o informe de valoración publicado no perfil do contratante.

Cofinanciado nun 80 % con fondos Feder. Referencia UNST13-1E-2482 do Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 2015/CSEA1/000002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.usc.es/contratacion .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de axencia de viaxes para os programas de mobilidade Peace, Peace II, Euphrates e Marhaba.

c) Lote (se é o caso): lote 1: Emundus Peace; lote 2: Emundus Peace II; lote 3: Emundus Euphrates; lote 4: Emundus Marhaba.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 63510000-7.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 5.3.2015; BOE: 12.3.2015; DOG: 6.3.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 475.400 €, IVE incluído.

5. Orzamento base de licitación: 475.400 €, IVE incluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 17.7.2015.

c) Contratista: Viajes Galitur, S.L.

a) Importe ou canon de adxudicación: 388.450 €, IVE incluído.

b) Vantaxes da oferta adxudicataria: o prezo ofertado pola empresa adxudicataria é o economicamente máis vantaxoso.

Programas financiados con fondos da Unión Europea:

• Erasmus Mundus Peace - Erasmus Mundus Action 2 2012-2618/001-EMA2 (3ª convocatoria).

• Erasmus Mundus Peace II - Erasmus Mundus Action 2 2013-2443/001-001EMA21 (2ª e 3ª convocatoria).

• Erasmus Mundus Euphrates - Erasmus Mundus Action 2 2013-2540/001-001EMA21 (2ª e 3ª convocatoria).

• Erasmus Mundus Marhaba - Erasmus Mundus Action 2 2014-0653 (1ª e 2ª convocatoria).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 2015/CSUA1/000002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.usc.es/contratacion .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración e instalación de equipamento na área de lavado do Centro de Biomedicina Experimental (Cebega).

c) Lote (se é o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 39330000-4.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 28.3.2015; BOE: 8.4.2015; DOG: 27.3.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.450.000 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 1.450.000 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.7.2015.

c) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: 1.445.000 €, IVE non incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase o informe de valoración publicado no perfil do contratante.

Este expediente está financiado con fondos Feder, en virtude da convocatoria de axudas para infraestruturas do ano 2013, do Ministerio de Economía e Competitividade. Referencia UNST13-1E-2742.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 2015/CSUN1/000006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.usc.es/contratacion .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración, entrega e instalación dunha cámara de baleiro experimental para o proxecto LaserPET.

c) Lote (se é o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 38540000-2.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: non procede.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 120.000 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación: 120.000 €, IVE non incluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 6.7.2015.

c) Contratista: SDMS.

d) Importe ou canon de adxudicación: 109.400 €, IVE non incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase o informe de valoración publicado no perfil do contratante.

Este expediente está incluído no proxecto LaserPET, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder do programa operativo Fondo Tecnolóxico do Ministerio de Economía e Competitividade.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 1.8. 2011, DOG de 18 de agosto)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela