Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de consultoría e análise funcional do modelo de xestión por competencias no marco do subproxecto IS-10 profesional 3,0., cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-038).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-15-038.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de consultoría e análise funcional do modelo de xestión por competencias do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: dende a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79419000-4 e 79414000-9.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0 - 50

Proposta de metodoloxía de traballo

0 - 30

Modelo de dirección, xestión e seguimento do servizo

0 - 10

Proposta de prototipo de ferramenta de xestión e avaliación de competencias

0 - 10

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 50

4. Valor estimado do contrato: 100.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 100.000 euros. Importe total: 121.000 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015

P.S. (Acordo do 6.8.2015)
Manuel José López López
Subdirector xeral de Orzamentos