Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1064/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra Manuel Malde y Cia., S.R.C., Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Miryam Tellería González e outros, rexistrado co número, se acordou citar a Manuel Malde y Cia., S.R.C., Malde Antic, S.L., Manuel Malde López C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Miryam Tellería González, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 3.11.2015 ás 12.15 horas e 12.20 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Manuel Malde y Cia., S.R.C., Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Miryam Tellería González expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

A secretaria xudicial