Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33731

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a da Área de Atención Primaria).

Unha vez convocada mediante Resolución do 27 de maio de 2015 (DOG nº 121, do 30 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a da Área de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuidas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a da Área de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 27 de maio de 2015 (DOG nº 121, do 30 de xuño).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 24 de xullo de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a da Área de Atención Primaria (Fisioterapia).

Nome e apelidos: Tirso Docampo Ferreira.

DNI: 36138406R.