Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33471

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 151, do día 11 de agosto de 2015, compre facer a seguinte corrección:

Na páxina 32954, onde di: «De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia», debe dicir: «De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia».