Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 28 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia das medidas adoptadas para o cumprimento da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 19 de marzo de 2014. Execución de títulos xudiciais 12/2015 (PA 809/2011).

De conformidade co disposto artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, que a devolveu por ser descoñecido no enderezo facilitado para estes efectos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Relacións Laborais e Réxime Xurídico da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia de tal coñecemento.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Procedemento

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

Execución de títulos xudiciais 12/2015 (PA 809/2011)

María del Carmen de Ozamiz Lestón

Informe do 8.6.2015 sobre as medidas adoptadas para o cumprimento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 19.3.2014.

Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde